A Coruña Black é unha porta aberta á tolerancia e ao respeto a través da cultura. Aposta por visibilizar as diferencias culturais, véndoas como un elemento enriquecedor e positivo.

A Coruña Black é un proxecto financiado polo Concello da Coruña para os anos 2017 e 2018,  que conseguiu  incluir na axenda cultural da cidade actividades que favoreceron o coñecemento entre as distintas culturas, e  permitiron a reflexión sobre determinadas problemáticas sociais.

 

Actividades executadas:

  • Obra teatral “NGOAN NTANGAN: DOS MUNDOS QUE SE TOCAN” dirixida por Gorsy Edu Abaga.
  • EXPOSICIÓN “Hair Stories”
  • PRESENTACIÓN “SER MUJER NEGRA EN ESPAÑA” con DESIRÉE BELA-LOBEDDE
  • CONCERTO ASTRID JONES & THE BLUE FLAPS
  • ESPECTÁCULO DE PERCUSIÓN E DANZA AFRICANA con Mbolo Mooye Doolé. 
  • TEATRO INDEPENDENTE “ No es país para negras”. 
  • CONTACONTOS con Samuel Mountoumnjou. 

E é que convivir con culturas distintas fainos ser máis libres: aceptar tradicións diferentes ás nosas, outras formas de pensar e de ver o mundo e, sobre todo, reflexionar sobre os nosos valores fai que a nosa mentalidade se volva máis aberta, máis xusta e máis tolerante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *