Encontro para a mocidade afrodescendente e africana na coruña

 

O pasado 14 de xullo celebrouse Afroconviencia, unha iniciativa impulsada polo espazo de iniciativas culturais Yarama África e a ONG Viraventos.

Un evento destinado a xóvenes racializados que pretendía fomentar a unión e visibilidade da comunidade africana e  afrodescendente de Galicia.

Unha oportunidade para compartir experiencias e abordar temáticas como a identidade, a autoconfianza e o empoderamento a través da propia historia.

Yeison  F. García López,  Zinthia  Palomino,  Yosi  Ledesma e Claudibel Rodríguez foron os referentes encargados de conducir os talleres prácticos e espazos de debate que se levaron a cabo durante toda a xornada.

Quen é quen?

Yeison  F. García López  politólogo e activista afro-colombiano e afro-español, é cofundador  da  Asociación   Afrodescendente  Universitaria   KWANZAA  -proxecto  cultural  e  político-  e,  na  actualidade, membro  do  ” EspacioAfro”  -grupo  de  pensamento    para  o   empoderamento  da  comunidade africana e  afrodescendente-.

Zinthia Palomino xornalista, autónoma e emprendedora online na área de márketing e comunicación. Participa activamente no colectivo Afrogalegas, o cal busca dar visibilidade ás mulleres  afrodescendentes en Galicia.

Yosi Ledesma Integradora Social da ONG ACCEM e participante do colectivo  Afrogalegas.

Claudibel Rodríguez estudante de integración social e participante do colectivo Afrogalegas.

Este sábado pasado Afroconvivencia ofreceunos un espazo para espertar a nosa afroconciencia, repensarnos e continuar creando lazos entre todas esas personas que conformamos esta gran familia afrogalega.

    

 

One thought on “AFROCONVIVENCIA: EXPLORANDO A NOSA IDENTIDADE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *