A gastronomía é un dos trazos máis visuais e atractivos dunha cultura. É polo tanto, o vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.

Elixiremos catro países e realizaremos unha inmersión total na gastronomía e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de  cociñeiros/as locais que serán os auténticos/as protagonistas do proxecto e achegarannos todo o máis auténtico da súa cociña.

Contaremos as historias que hai detrás dos/as cociñeiros/as, os sabores e o legado cultural de cada país.

Atentos/as! Comenzamos en breve…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *