A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións.
A través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido do Senegal inmediatamente posterior á Independencia, no que se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial.
Levado ao cine polo propio autor (Mandabi, 1968), O xiro postal denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar.
ISBN: 978-84-936101-1-1
Nº páxinas: 92
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
O xiro postal
O xiro postal. Ousmane Sembene