Con motivo do Día Internacional da Muller, Yarama África e a Deputación da Coruña organizamos o Encontro «RETOS E RESISTENCIAS DAS MUJERES MIGRANTES», lembrando que as mulleres migrantes enfrontan múltiples barreiras no seu camiño e no exercicio pleno dos seus dereitos.
A miúdo son vítimas de discriminación interseccional, que combina factores de xénero, orixe e situación socioeconómica, dificultando o seu acceso ao emprego digno, educación e servizos e dereitos básicos. É fundamental que o Día Internacional da Muller sirva como unha plataforma para visibilizar estas problemáticas e reivindicar políticas inclusivas que promovan a equidade e o respecto polos seus dereitos. Ademais, as mulleres migrantes desempeñan un papel esencial na sociedade, contribuíndo tanto económica como culturalmente ao desenvolvemento das súas comunidades de acollida. Con todo, os seus esforzos e loitas adoitan quedar invisibilizados.
A Deputación da Coruña e Yarama África crearon un espazo de diálogo e reflexión con tódalas entidades sociais da provincia que permitiu recoñecer a historia das mulleres migrantes, xerar redes de apoio que fortalezan o seu empoderamento e convidar a participación activa de todas nós na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.