SAMA KÉR que significa “A miña CASA” en lingua wolof, pretende convertirse nun lugar seguro, un espazo de prevención e loita contra a discriminación.
É unha iniciativa orientada á prevención e a loita contra o racismo, a xenofobia e calquera forma de exclusión baseada na orixe racial ou étnica, a nacionalidade, a relixión ou as crenzas, entre a mocidade galega.
A través deste proxecto deseñamos unha ferramenta educativa con fins preventivos, que inclue materiais audiovisuais, guías e recursos pedagóxicos sobre a discriminación, a interculturalidade e a diversidade. Este conxunto de contidos que está enfocado principalmente a mozas e mozos entre os 12 e os 18 anos, está dispoñible para ser utilizado por tódolos centros educativos públicos galegos. Así mesmo, desenvolvemos actividades interculturais en centros públicos seleccionados, co obxectivo de previr actitudes discriminatorias, promover a convivencia e fomentar unha visión positiva da diversidade racial e cultural entre a mocidade.
Este proxecto, vixente entre os meses de outubro de 2024 e abril de 2025, está financiado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.