Este proxecto ten como obxectivo principal a prevención e sensibilización contra a islamofobia, especialmente en contextos educativos. Para iso, desenvolverase unha plataforma web (www.stopislamofobia.org) que servirá como espazo de información, reflexión e aprendizaxe sobre a discriminación cara a persoas musulmás ou percibidas como tales.
Ademais, deseñarase e difundirá material educativo accesible e didáctico, dirixido tanto a mozos como a profesionais da educación. Estes recursos incluirán guías, vídeos, infografías e propostas de actividades para traballar na aula, fomentando a convivencia, o pensamento crítico e o respecto á diversidade relixiosa e cultural.
O proxecto busca así visibilizar e desmontar estereotipos, ofrecendo ferramentas concretas para actuar fronte á islamofobia desde unha perspectiva de dereitos humanos e interculturalidad.
O proxecto que se desenvolve dende os meses de setembro de 2024 a xuño de 2025, combina accións de investigación, formación, educación e sensibilización, traballando con todos os axentes implicados na comunidade educativa.