Encontro para a mocidade afrodescendente e africana na coruña
O pasado 14 de xullo celebrouse Afroconviencia, unha iniciativa impulsada polo espazo de iniciativas culturais Yarama África e a ONG Viraventos.
Un evento destinado a xóvenes racializados que pretendía fomentar a unión e visibilidade da comunidade africana e afrodescendente de Galicia.
Unha oportunidade para compartir experiencias e abordar temáticas como a identidade, a autoconfianza e o empoderamento a través da propia historia.
Yeison F. García López, Zinthia Palomino, Yosi Ledesma e Claudibel Rodríguez foron os referentes encargados de conducir os talleres prácticos e espazos de debate que se levaron a cabo durante toda a xornada.
Quen é quen?
Yeison F. García López politólogo e activista afro-colombiano e afro-español, é cofundador da Asociación Afrodescendente Universitaria KWANZAA -proxecto cultural e político- e, na actualidade, membro do ” EspacioAfro” -grupo de pensamento para o empoderamento da comunidade africana e afrodescendente-.
Zinthia Palomino xornalista, autónoma e emprendedora online na área de márketing e comunicación. Participa activamente no colectivo Afrogalegas, o cal busca dar visibilidade ás mulleres afrodescendentes en Galicia.
Yosi Ledesma Integradora Social da ONG ACCEM e participante do colectivo Afrogalegas.
Claudibel Rodríguez estudante de integración social e participante do colectivo Afrogalegas.
Este sábado pasado Afroconvivencia ofreceunos un espazo para espertar a nosa afroconciencia, repensarnos e continuar creando lazos entre todas esas personas que conformamos esta gran familia afrogalega.
1 Comment
Buenos días,estoy buscando pulseras de pelo de elefante, auténticas.Gracias