Pregúntome cal é a miña cor. Algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. ¿Será que a cor da miña pel o di todo? ¡Eu coido que non! Hai galegos negros, brancos, amarelos coma min. Na clase é o compañeiro árabe, no barrio é o veciño de orixe estranxeira e entre os africanos é un neno galego. ¿Será a cor da súa pel a culpable de tanta lea? O neno protagonista non o sabe, pero o seu can axudaralle a descubrir a solución. Un álbum ilustrado para os primeiros lectores que aborda a complexa cuestión da definición da identidade cultural dos nenos e nenas inmigrantes no entorno das sociedades de acollida. Unha proposta novidosa para promover a súa integración e remoer moitos dos prexuízos existentes sobre a cuestión da inmigración.

  • 19,9 x 20,1 cm
  • Cartonado
  • 40 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9782-432-3
  • Código: 1384031
  • Abril 2006
  • De 4 anos en diante

Cal é a miña cor?

18,90 

¿Cal é a miña cor?. Xerais

3 disponibles

gdpr-image
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Al usar este sitio web, usted acepta nuestra Política de protección de datos.
Leer más
Venta WhatsApp