Ninguén debería menosprezar o poder da maxia, sobre todo se vive no continente africano. Ó longo das nove vivencias deste libro, André Kaminski móstranos que a realidade é moito máis vasta do que aparenta ser. O eivado que rexenta un bordel perdido no deserto quizais sexa un heroe de guerra, un mecánico de motores orixinario da Alsacia desvélase como o rexente de gran parte da África Ecuatorial, e un servente que aparenta ser un espía convértese no mellor aliado nas situacións límite.
André Kaminski escribe e describe todo o que presencia coa mirada obxectiva dun reporteiro; só así é posible mirar detrás da máscara africana e descubrir a verdadeira esencia deste misterioso continente.
- ISBN: 978-84-92866-12-0
- Nº páxinas: 170
- Encadernación: Rústica
- Medidas: 135 x 215 mm
- Idioma. Galego
Os xardíns de Mulai Abdalá
Os xardíns de Mulai Abdalá. Ed. Rinoceronte