Todo se esfarela

18,00

0 out of 5

Todo se esfarela. Chinua Achebe

Solo quedan 2 disponibles

Categorías: , .

Descripción

Todo se esfarela narra a historia de Okonkwo, un gran guerreiro ibo, orgulloso das tradicións do pobo ao que pertence e marcado pola súa enorme ambición e medo ao fracaso. Cando, despois de sete anos no exilio, regresa á súa aldea, Okonkwo atópaa baixo o influxo definitivo da nova relixión e a orde social que trouxo o home branco, e asiste con desesperación e impotencia ao esmorecemento de todo o seu mundo. Situando a acción en Nixeria a finais do século XIX, Chinua Achebe describe de forma sinxela e á vez maxistral, un mundo que se esfarela coa chegada do colonizador británico. O autor fainos partícipes da vida do pobo ibo, a través dos acontecementos que marcan o seu ritmo e das historias dos seus habitantes, para nos últimos capítulos converternos en testemuñas da súa irremediable e dolorosa perda. A novela Todo se esfarela (1958), na que se condensa o máis brillante do realismo narrativo occidental co máis xenuíno da tradición oral ibo, é a obra máis coñecida e laureada deste autor, e a primeira novela da chamada «Triloxía africana», que converteu a Chinua Achebe nun referente esencial da narrativa africana.

  • Nº de páginas: 212 págs.
  • Encuadernación: Tapa blanda bolsillo
  • Editorial: RINOCERONTE EDITORA S.L.
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788492866557

Valoraciones

No hay valoraciones aún

Se el primero en escribir una valoración

*

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies