
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL, pasamos unha tarde diferente conversando con AFROPODEROSSA. Ela é activista, feminista e influencer, que conta con máis de 400.000 seguidores en TikTok e 100.000 en Instagram.
Sen dúbida unha das voces máis influintes do activismo antirracista do noso país. As súas redes sociais son un lugar perfecto para a reflexión e a aprendizaxe.