ADJI. PROXECTO PARA INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DAS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DE A CORUÑA, INCORPORANDO A PERSPECTIVA DE XÉNERO EN TODO O PROCESO.
ADJI configurarase como un proxecto de itinerarios que integra un conxunto coordinado de actuacións (diagnose, deseño, seguimiento, avaliación e acompañamento social, accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, acción promotoras do acceso a permanencia no mercado laboral) que se programarán de forma personalizada e pactada cos/as usuarios/ as, co fin de facilitarlles os recursos precisos para favorecer e xestionar con autonomía o seu propio proceso de inclusión sociolaboral.
O presente proxecto pretende potenciar o nivel de empregabilidade das persoas de orixe migrante en situación ou risco de exclusión social a través do fortalecemento das capacidades persoais e sociais e adquisición das habilidades precisas para a realización dunha búsqueda activa de emprego.
Actuacións de carácter integral mediante unha atención ás necesidades básicas e unha mellora no acceso aos recursos locais en todas as áreas de intervención: EMOCIONAL/SOCIAL, EDUCACIÓN, VIVENDA, SAÚDE, EMPREGO.
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023) “Inclusión Social e loita contra a pobreza”
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
Obxectivo: Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluidos os inmigrantes
Resultado esperado: Aumentada a participación das prácticas, dos dereitos e dos recursos sociais que configuran a inclusión social.