AMINATA. PROXECTO PARA INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DE A CORUÑA, INCORPORANDO A PERSPECTIVA DE XÉNERO EN TODO O PROCESO.
AMINATA configurarase como un proxecto de itinerarios que integra un conxunto coordinado de actuacións (diagnose, deseño, seguimiento, avaliación e acompañamento social) que se programarán de forma personalizada e pactada cos/as usuarios/ as, co fin de facilitarlles os recursos precisos para favorecer e xestionar con autonomía o seu propio proceso de inclusión social.
O presente proxecto pretende potenciar a inclusión social de 80 persoas de orixe inmigrante en situación ou risco de exclusión social residentes no concello da Coruña e a súa área metropolitana.
Actuacións de carácter integral mediante unha atención ás necesidades básicas e unha mellora no acceso aos recursos locais en todas as áreas de intervención: EMOCIONAL,SOCIAL, EDUCACIÓN, VIVENDA, SAÚDE, EMPREGO.
Esta actuación está subvencionada a través da ORDE do 4 de maio de 2020 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE invirte no teu futuro.
AMINATA. PROXECTO PARA INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DE A CORUÑA.
“Proxecto AMINATA” está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a inclusión social das persoas migrantes en situación ou risco de exlcusión social de A Coruña.