Xaley. Proxecto de concilición familiar e laboral para familias de orixe migrante en situación ou risco de exclusión social residentes no concello da Coruña.
O proxecto XALEY ten como principal obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral das familias de orixe migrante en situación ou risco de exclusión social que participen en Itinerarios de inclusión sociolaboral, tanto na sección de inclusión básica como na sección de inclusión e transición ao emprego.
O proxecto desenvolverase no Concello da Coruña, terá como beneficiarias a 15 familias e prestará coidado a menores de entre 3 a 12 anos de idade.
Esta actuación está subvencionada a través da ORDE do 4 de maio de 2020 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social ”.
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
O FSE invirte no teu futuro.
AMINATA. PROXECTO PARA INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DE A CORUÑA.
“Proxecto AMINATA” está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a inclusión social das persoas migrantes en situación ou risco de exlcusión social de A Coruña.