A diversidade cultural pode manifestarse de diferentes maneiras, e unha delas é a través da gastronomía. Cada cultura ten os seus pratos típicos, ingredientes e técnicas culinarias que lle son propios e que reflicten as súas tradicións e costumes. A gastronomía é unha manifestación da identidade cultural dun pobo e un medio para coñecer e entender as diferentes culturas do mundo.
A través da comida, as persoas comparten historias e experiencias que axudan a mantelas vivas e a transmitilas ás xeracións futuras. É polo tanto, o vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.
Elixiremos catro países e realizaremos unha inmersión total na gastronomía e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de cociñeiros/as locais que serán os auténticos/as protagonistas do proxecto e achegarannos todo o máis auténtico da súa cociña.
Contaremos as historias que hai detrás dos/as cociñeiros/as, os sabores e o legado cultural de cada país.