A Coruña Black é unha porta aberta á tolerancia e ao respeto a través da cultura. Aposta por visibilizar as diferencias culturais, véndoas como un elemento enriquecedor e positivo.
A Coruña Black é un proxecto financiado polo Concello da Coruña para os anos 2017 e 2018, que conseguiu incluir na axenda cultural da cidade actividades que favoreceron o coñecemento entre as distintas culturas, e permitiron a reflexión sobre determinadas problemáticas sociais.
Actividades executadas:
- Obra teatral “NGOAN NTANGAN: DOS MUNDOS QUE SE TOCAN” dirixida por Gorsy Edu Abaga.
- EXPOSICIÓN “Hair Stories”
- PRESENTACIÓN “SER MUJER NEGRA EN ESPAÑA” con DESIRÉE BELA-LOBEDDE
- CONCERTO ASTRID JONES & THE BLUE FLAPS
- ESPECTÁCULO DE PERCUSIÓN E DANZA AFRICANA con Mbolo Mooye Doolé.
- TEATRO INDEPENDENTE “ No es país para negras”.
- CONTACONTOS con Samuel Mountoumnjou.
E é que convivir con culturas distintas fainos ser máis libres: aceptar tradicións diferentes ás nosas, outras formas de pensar e de ver o mundo e, sobre todo, reflexionar sobre os nosos valores fai que a nosa mentalidade se volva máis aberta, máis xusta e máis tolerante.