Dende Yarama África e a ONG Viraventos, queremos celebrar con vos o Día de África, achegándonos ao seu rico patrimonio cultural, as súas lendas e a súa música, co grupo Mbolo Mooye Doolé e o seu espectáculo CONTOS AFRICANOS CON MÚSICA EN DIRECTO, o próximo 27 de maio, ás 18.00 horas no Centro Ágora da Coruña.
Podedes conseguir a vosa entrada solidaria na tenda Yarama África por tan só 2€, na rúa Entrepeñas 10 baixo dereita na Coruña, ou minutos antes da actuación no Centro Ágora (3€).
Ven a descubrir a orixinalidade e a beleza do continente africano.
27 de maio, ás 18.00 horas, Centro Ágora (Lugar da Gramela 17 na Coruña)
“En Viraventos traballamos para garantir a igualdade e a convivencia entre persoas con diversas orixes nacionais ou culturais..”
Interculturalidade | Proximidade | Compromiso| Reivindicación |Xustiza
www.yaramaafrica.com
www.viraventos.org